Tamén emprego esta web para presentar os meus presupostos para as obras que eu creo que máis merecen a pena, sempre dun modo personalizado e de maneira privada (de ahí que tiveses que introducir un contrasinal). E a vosa proposta creo que merece moito a pena. De feito sería toda unha honra para min formar parte deste «reto» e axudarvos a facer realidade ese soño que será a vosa propia vivenda.
As miñas especialidades son a Dirección de execución de obra de vivendas unifamiliares e a eficiencia enerxética, de ahí que a maior parte dos meus traballos sexan Direccións de Execución de obra (Aparellador) e algúns Proxectos de Rehabilitación Enerxética.
Neste sentido (no da eficiencia enerxética), tamén me gustaría salientar que estou certificado como Passivhaus Tradesperson polo Passivhaus Institut alemán.
O presuposto que verás a continuación pódelo descargar en PDF dende o propio documento ou pulsando aquí.